Condicións xerais de contratación

INTRODUCIÓN

O presente documento establece as condicións polas que se rixe o uso do sitio web e a compra dos distintos produtos ofertados no mesmo.

Rogámoslle que lea atentamente as presentes Condicións, a nosa Política de Cookies e a nosa Política de Privacidade antes de usar este sitio web. 

Ao utilizar este sitio web ou facer un pedido a través do mesmo, Vostede consente quedar vinculado por estas Condicións Xerais de Contratación e pola nosa Política de Privacidade, polo que, se non está Vostede dacordo con todo o disposto nas Condicións Xerais de Contratación e coa Política de Privacidade, non debe usar este sitio web. 

Respecto dos produtos ofertados na web, consistentes na súa maioría en obras fotográficas, corresponde aos seus autores ou aos seus lexítimos titulares o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación da obra en calquera das súas formas e en especial, dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, que non poderán ser realizadas sen a súa debida autorización, salvo nos casos previstos na Ley de Propiedad Intelectual.

Se ten algunha pregunta relacionada coas Condicións Xerais de Contratación ou a Política de Privacidade, pode poñerse en contacto connosco nas vías de contacto indicadas no seguinte punto.

OS NOSOS DATOS

A venda dos distintos produtos a través desta páxina web é realizada por parte de Enrique José Lista Romay con domicilio en A Coruña (España), Praza de Luís Seoane, Torre-2, 3ºD, NIF 34896797-R, e correo electrónico info@arquivogalicia.gal

OS SEUS DATOS E AS SÚAS VISITAS A ESTA PÁXINA WEB

Os datos persoais que nos facilite, serán tratados con arreglo ao establecido  na nosa Política de Privacidade.

USO DA NOSA PÁXINA WEB

Ao facer uso deste sitio web e realizar pedidos a través do mesmo,  comprométese a:  

> Facer uso do sitio web únicamente para realizar consultas ou pedidos legalmente válidos.

> Non realizar ningún pedido falso ou fraudulento. Se razoablemente se puidera considerar que se ten feito un pedido desta índole, estaremos autorizados a anulalo e informar ás autoridades competentes.

> Facilitarnos a súa dirección de correo electrónico, dirección postal e/ou outros datos de contacto de forma veraz e exacta. Asimesmo, consente que poderemos facer uso de dita información para poñernos en contacto con vostede se é necesario. Se non nos facilita vostede toda a información que necesitamos, non poderemos cursar o seu pedido. Ao realizar un pedido a través desta páxina web, vostede declara ser maior de 18 anos e ter capacidade legal para celebrar contratos.

DISPOÑIBILIDADE DO SERVIZO

Os produtos que se ofrecen a través desta páxina web están únicamente dispoñibles para o seu envío a territorio español peninsular.

COMO REALIZAR UN PEDIDO

Para realizar un pedido, deberá seguir o procedemento de compra online, elixindo en primeiro lugar os produtos que poidan ser do seu interese, enchendo todos aqueles datos que sexan obrigatorios durante o procedemento e finalizar confirmando a compra.

Unha vez efectuado o pedido, recibirá a través de correo electrónico tanto a confirmación do pedido así como do envío do produto adquirido.

MEDIOS TÉCNICOS PARA CORRIXIR ERROS

Poderá corrixir erros relacionados cos datos persoais aportados durante o proceso de compra dirixíndose á dirección de correo electrónico info@arquivogalicia.gal

O sitio web amosa xanelas de confirmación en diversos apartados do proceso de compra que non permiten proseguir co pedido se os datos destes apartados non se teñen proporcionado correctamente. Asimesmo, ofrécense os detalles de todos os produtos que teña engadido á súa cesta durante o proceso de compra, de forma que, antes de realizar o pago, poderá modificar os datos do seu pedido. Se detectase un erro no seu pedido con posterioridade á finalización do proceso de pago, deberá poñerse en contacto de maneira inmediata na dirección de correo electrónico anteriormente mencionada, para subsanar o erro.

PAGO

A forma de pago das compras seleccionarase durante o proceso de compra e o pago, segundo a forma elixida, realizarase á finalización do proceso de compra e será condición indispensable para a formalización do mesmo. 

As formas de pago admitidas son as seguintes:

Pago a través de PayPal: PayPal permite aos consumidores que dispoñan de correo electrónico enviar pagos en Internet de forma segura, cómoda e rendible. A rede de PayPal basease na infraestrutura financeira existente de contas bancarias e tarxetas de crédito para crear unha solución global de pago en tempo real. 

Pago a través de tarxeta de crédito:  As compras dos distintos produtos ofertados poderanse pagar con tarxeta de crédito Visa®, Mastercard®, así como con tarxeta de débito 4B ou 4B Maestro, o que implicaría un cargo automático.

En calquera caso, a elección do medio de pago realízase durante o proceso de compra na pantalla correspondente. O cliente debe notificar a Enrique José Lista Romay calquera cargo indebido ou fraudulento na tarxeta utilizada para as compras, mediante correo electrónico na dirección info@arquivogalicia.gal, no menor prazo posible para que poida realizar as xestións oportunas.

ENTREGA E GASTOS DE ENVÍO

Todos os produtos ofertados na páxina web están dispoñibles, o que nos permite tramitar os pedidos para que sexan entregados a través do servizo de Correos (Sociedad Estatal Correos y Telegrafos, S.A., S.M.E.) nun prazo de entre 3 e 7 días laborables a contar desde o día seguinte á realización do pedido.

Os pedidos recibidos en venres ou festivos serán enviados o primeiro día laborable seguinte. Se por calquera causa houbera un retraso no envío, comunicaríamoslle o prazo de entrega estimado.

Se finalmente o pedido fose devolto polo servizo de mensaxería debido á imposibilidade de contactar co cliente, sería o cliente o responsable de custear o novo envío.

Non é posible especificar a hora exacta da entrega, de igual modo que o servizo de mensaxería non contactará con vostede antes do primeiro intento de entrega.

Se houbese calquera erro no seu pedido recibido, póñase en contacto connosco e informarémoslle da mellor forma de solucionar o erro sen custo algún para vostede.

A cantidade relativa aos gastos de envío especificarase no momento de realizar a compra.

IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO E FACTURACIÓN

De conformidade co disposto no artigo 68 da Ley 37/1992, de 28 de diciembre, del Impuesto sobre el Valor Añadido, a entrega dos produtos entenderase localizada no territorio de aplicación do IVA español se a dirección de entrega está en territorio español salvo Canarias, Ceuta e Melilla. 

O tipo de IVA aplicable será o legalmente vixente en cada momento en función do produto concreto de que se trate.

O cliente poderá solicitar en calquera momento que se lle remita copia da correspondente factura por medios telemáticos.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

O usuario poderá revocar a compra ou desistir do contrato no prazo de 14 días naturais sen necesidade de xustificación. O prazo de desestimento expirará aos 14 días naturais desde que o comprador ou un terceiro indicado polo mesmo, distinto do transportista, adquiriu a posesión material dos bens.

Para exercer o dereito de desestimento, deberá vostede notificarnos a súa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca (carta enviada por correo postal certificado ou correo electrónico) á dirección de correo electrónico info@arquivogalicia.gal

Posteriormente, recibida a decisión do referido desestimento a través dos medios indicados, comunicarémoslle formalmente a súa correcta recepción.

Se a causa da devolución fose que o produto devolto é defectuoso ou non corresponde ao solicitado no pedido, seremos nós os que correremos cos gastos da devolución e novo envío.

Se o motivo da devolución é que o pedido non lle satisface:

> Reembolsarémoslle o importe, incluidos os gastos de entrega (excepto os gastos de entrega se vostede elixiu unha opción diferente á entrega ordinaria, neste caso só se devolverán os gastos asignados pola páxina web para a entrega ordinaria) sen ningunha demora indebida.

> A devolución realizarase, a máis tardar, en 14 días naturais a partir da data na que se nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato. 

> Vostede deberá asumir o custo directo de devolución do produto adquirido.

> O reembolso realizarase utilizando o mesmo medio de pago que se usou na transacción inicial, a non ser que se teña disposto expresamente o contrario, e sempre e cando non conleve gastos adicionais.

> Reservarémonos o dereito a reter o reembolso ata ter recibido o produto en cuestión, ou ata que se teña presentado unha proba da devolución do meso, segundo a condición que se cumpra primeiro.

GARANTÍAS

A garantía contractual ofrecida é a que se establece no Real Decreto Legislativo 1/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley General para la Defensa de los Clientes y Usuarios.

RESPONSABILIDADE

Salvo que expresamente se dispoña o contrario nas presentes Condicións, a nosa responsabilidade en relación con calquera produto adquirido na nosa páxina web estará limitada estritamente ao prezo de compra de dito produto.

COMUNICACIÓNS POR ESCRITO

Informámoslle de que as comunicacións que lle enviemos se farán a través de correo electrónico. 

A efectos contractuais, consente en usar este medio electrónico de comunicación e recoñece que todo contrato, notificación, información e demais comunicacións que lle enviemos de forma electrónica cumpren cos requisitos legais de ser por escrito. Esta condición non afectará aos seus dereitos recoñecidos pola lei.

ACONTECEMENTOS FÓRA DO NOSO CONTROL

Non seremos responsables por ningún incumprimento ou retraso no  cumprimento dalguna das obrigacións asumidas, cando o mesmo se deba a acontecementos ocasionados por causas de forza maior. 

As causas de forza maior incluirán cualquiera acto, acontecemento, falta de exercicio, omisión ou accidente que esté fóra do noso control razoable e entre outros, os seguintes: 

> Folgas, peches patronais ou outras medidas reivindicativas.

> Conmoción civil, revolta, invasión, ameaza ou ataque terrorista, guerra (declarada o non) ou ameaza ou preparativos de guerra.

> Incendio, explosión, tormenta, inundación, terremoto, afundimiento, epidemia ou calquera outro desastre natural.

> Imposibilidade de uso de trens, barcos, avións, transportes de motor ou outros medios de transporte, públicos ou privados.

> Imposibilidade de utilizar sistemas públicos ou privados de telecomunicacións.

> Actos, decretos, lexislación, normativa ou restricións de cualquiera goberno ou autoridade pública. 

Entenderase que as obrigacións quedarán suspendidas durante o período en que a causa de forza maior continúe, e disporemos dunha ampliación no prazo para cumprir ditas obrigacións por un período de tempo igual ao que dure a causa de forza maior. 

Poremos todos os medios razoables para que finalice a causa de forza maior ou para atopar unha solución que nos permita cumprir as nosas obrigacións a pesar da causa de forza maior.

RENUNCIA

A falta de requerimento pola nosa parte do cumprimento estrito pola súa parte dalguna das obrigacións asumidas por vostede en virtude dun contrato ou das presentes Condicións ou a falta de exercicio pola nosa parte dos dereitos ou accións que nos puidesen corresponder en virtude de dito contrato ou das Condicións, non suporá renuncia nin limitación algunha en relación con ditos dereitos ou accións nin lle exonerará a vostede de cumprir con tales obrigacións. 

Ningunha renuncia pola nosa parte a un dereito ou acción concreto suporá unha renuncia a outros dereitos ou accións derivados dun contrato ou das Condicións. Ningunha renuncia pola nosa parte a algunha das presentes Condicións ou aos dereitos ou accións derivados dun contrato surtirá efecto, a non ser que se estableza expresamente que é unha renuncia e se formalice e se lle comunique a vostede a través dos distintos medios de contacto que vostede nos facilitou.

NULIDADE PARCIAL

Se algunha das presentes condicións ou algunha disposición dun contrato, fosen declaradas nulas e sen efecto por resolución firme dictada por autoridade competente, os restantes termos e condicións permanecerán en vigor, sen que queden afectados por dita declaración de nulidade.

O NOSO DEREITO A MODIFICAR ESTAS CONDICIÓNS

Reservámonos a facultade de modificar os presentes Termos e Condicións. Manterémoslle informado dos cambios sustanciais realizados nos mesmos. Estes non terán carácter retroactivo e, salvo posibles excepcións segundo o caso concreto, serán de aplicación despois de 10 días da data da súa publicación no aviso correspondente. Se vostede non está dacordo coas modificacións introducidas, recomendámoslle non facer uso da nosa páxina web.

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

O uso da nosa páxina web e os contratos de compra de produtos a través da mesma rexiranse pola lexislación española. 

As presentes Condicións Xerais, están suxeitas e rexiranse conforme ao disposto nas leis de España, en particular en:

> Ley 7/1998, de 13 de abril, sobre Condiciones Generales de Contratación,  

> Real Decreto Legislativo 1/2007, de 16 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios y otras leyes complementarias,

> Reglamento 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que deroga la directiva 95/46/CE, 

> Ley 34/2002 de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico.

As partes sométense, para a resolución dos conflitos e con renuncia a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais do domicilio do consumidor.

COMENTARIOS, SUXERENCIAS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS

Os seus comentarios e suxerencias serán ben recibidos. Rogámoslle que nos envíe tales comentarios e suxerencias, así como calquera consulta, queixa ou reclamación a través da dirección de correo electrónico info@arquivogalicia.gal

As súas queixas e reclamacións serán atendidas no prazo máis breve posible e, en todo caso, nun prazo máximo dun mes. Se vostede como consumidor.