Aínda que foi un caso excepcional como fotógrafo profesional tamén relacionado coas Agrupacións Fotográficas, Manuel Ferrol será sempre lembrado como reporteiro, e especialmente pola reportaxe sobre a emigración que realiza no porto da Coruña en 1957, onde conseguiu algunhas imaxes que son xa iconas da nosa recente historia. Os filmes de Chano Piñeiro Mamá Asunción e Sempre Sonxa, inspirados nas fotografías de Manuel Ferrol, semellan ter un eco simbólico nas incursións do propio Ferrol no cinema e nos noticiarios filmados (NODO). O seu pai foi fareiro en Cabo Vilán, onde naceu e onde as súas cinzas foron devoltas ao mar.
Proximamente.
Banqueiro de profesión, foi fotógrafo afeccionado e primeiro presidente da Sociedad Fotográfica de La Coruña. Foi especialista na técnica pigmentaria do bromóleo, recoñecido a nivel nacional, galardoado con numerosos premios e representado en numerosas publicacións. A súa maior actividade tivo lugar entre os anos 1947 e 1953, principalmente centrada na paisaxe natural, industrial e urbana. O seu arquivo é custodiado hoxe por José Vazquez Caruncho, tamén fotógrafo con grande coñecemento das técnicas tradicionais, e ao que agradecemos a súa colaboración con Arquivo Galicia.
Retratou a vida na Costa da Morte, principalmente entre Fisterra e Muxía, nas 5 décadas centrais do século XX. A fotografía foi para el profesión, oficio e forma de vida, elemento de relación cunha comunidade na que estivo sempre moi integrado.
O arquivo fotográfico de Caamaño está formado por máis de 6.000 copias fotográficas e cerca de 20.000 clichés, a maior parte do cal se atopa no pequeño museo ubicado na casa natal do fotógrafo en Muxía.
O arquivo está custodiado e conservado sen axudas polo seu xenro, Chete, e o seu neto Denis Pose, aos que agradecemos o acceso que tivemos ao material orixinal de Caamaño.
Foi procurador que traballou como administrativo no Concello de Carballo e afeccionado á fotografía. Esta actividade, que realizou desde os anos 40 e compartía con outros afeccionados instalados en Carballo, reportoulle algúns premios en concursos fotográficos, pero outra das súas afeccións, á música, foi ocupando a maior parte do seu tempo de ocio.
A súa filla Arancha facilitounos o acceso á parte do aquivo fotográfico que conserva, ademáis de amosarnos a completa colección de discos que aínda posúe a familia.