Ag - Arquivo Galicia

Imaxes para facer memoria.

Que é?

ARQUIVO GALICIA é un laboratorio e galería adicado á fotografía histórica galega.

> Damos visibilidade ás/aos autoras/es con exposicións virtuais e textos inéditos.

> Poñemos á venda copias fotográficas certificadas.

> Ofrecemos servizos de restauración e posta en valor de arquivos fotográficos.

> Organizamos actividades culturais relacionadas coa fotografía: talleres, conferencias, exposicións, publicacións, etc.

Quen está detrás?

Nós.

ARQUIVO GALICIA ten como equipo principal tres persoas con formación e experiencia específicas en fotografía, ademáis de estar posicionadas como axentes activos do seu panorama en Galicia.

Tono Mejuto (A Coruña, 1983) é Licenciado en Arquitectura entre as escolas de A Coruña, Graz e Santiago de Chile, forma parte do grupo de acción e investigación urbana “ergosfera” ata 2014. Paralelamente, no campo das artes visuais, fórmase como fotógrafo na escola Blank Paper de Madrid, e asiste a diversos cursos e talleres impartidos por cineastas e fotógrafos como Paulino Viota, Isaki Lacuesta, Xavier Ribas ou Jorge Ribalta entre outros. En 2015 publica “Unidade Veciñal” coa editorial galega Fabulatorio, proxecto incluido na exposición colectiva “Edita: Secuencia/Sentido” no CGAC. A súa primeria curtametraxe, “QVIASMA”, foi presentado no Festival Play-Doc 2017. Actualmente imparte docencia en CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia), exerce tarefas de dirección e deseño gráfico na editora Estraperlo, e forma parte do equipo de organización de FFOCO, Festival de Fotografía da Coruña.

Andrea Rodríguez (Monforte de Lemos, 1987) Cursa Fotografía Artística na EASD Pablo Picasso de A Coruña, a licenciatura de Publicidade e RRPP na UVigo e a especialidade en creatividade publicitaria nas universidades de Polonia e Uruguay. Simultáneamente realiza un máster de creatividade na Escola Brother de Montevideo e, posteriormente, estuda a carreira de Comunicación Audiovisual na Coruña e Sevilla.

Na actualidade é freelance e dende o seu estudo na Coruña realiza proxectos de fotografía, vídeo e deseño gráfico para clientes como Pull&Bear, Estrella Galicia, Cruz Roja e distintos festivais de cinema.

Iván Nespereira (1978) traballa como fotógrafo e realizador freelance no ámbito da publicidade desde 2002. Inviste tempo en desenvolver proxectos documentais a longo prazo, que parten da investigación e onde a fotografía e o vídeo son as principais ferramentas que utiliza. En 2017 edita Nueva Galicia, libro que recibe o Premio PHotoESPAÑA 2018 o mellor libro do ano en categoría autoeditado. A súa obra foi proxectada en festivais de cinema como Curtocircuito, OUFF, Bogoshorts ou Play Doc e exposta en Arquivo Municipal de Lisboa, Athens Photo Festival, Fiebre photobook, Dispara, Fotomuseo Catro Camiños ou Academia de España en Roma. Actualmente desenvolve BLOQUE, un proxecto que xira entorno a pedra e os diferentes procesos relacionados coa mesma.

Que podemos facer?

Desde ARQUIVO GALICIA traballamos con arquivos fotográficos e coa súa posta en valor.

> Facemos escaneados, restauración dixital e copias de calidade a partir dos orixinais.

> Seleccionamos coidadosamente as imaxes para a súa visibilidade e venda a través da nosa web.

> Realizamos diversos proxectos de difusión dos arquivos fotográficos: exposicións, publicacións ou material web.

Estas actividades poden contribuir á posta en valor do patrimonio fotográfico, repercutindo tanto na súa visibilidade como na dinamización cultural e económica do ámbito territorial dos arquivos sobre os que se traballe.

Se tes fotografías ou negativos antigos que penses que estaría ben poñer en valor, podes contactar connosco.